21 mar. 2013

¿Que che apetece subir a nota de música?... ¡Fai un traballo!





A música e algo natural e intrínseco do pobo galego: festas, bailes, instrumentos con calquera utensilio... e por este motivo Musicarreira anima a todo o alumnado de 5º e 6º que queira subir ata 0,5 puntos na nota do exame poderán entregar un traballo sobre: Algún grupo importante de música tradicional ou folk galega.
Os traballos deberán seguir as seguintes premisas:



  1. Nome do grupo elixido e un resumo da súa biografía coas súas obras máis emblemáticas.
  2. Un breve comentario sobre se che gusta a súa música en xeral (ou unha peza en concreto) intentando explicar o por qué.
  3. Unha ligazón de Youtube, Vimeo... ou outro tipo de vídeo onde se poida ver algunha actuación.
  4. A bibliografía empregada (listaxe de obras, libros, enciclopedias, diccionarios, páxinas web... que empregaches para conseguir a información para este traballo)
  5. O traballo deberá ser entregado en papel.
  6. Mínimo de 1 folios (dúas páxinas).
  7. O traballo non pode ser copia de ningún outro e debe estar elaborado por vós.
  8. O traballo deberá estar escrito en galego e seguir a seguinte estrutura:

Título do traballo
Compositor e a súa biografía
Algúnha ligazón de Youtube
Bibliografía empregada

Para calquera dúbida podedes consultar a través do correo electrónico cepcarreira@gmail.com ou ben falando directamente co mestre de música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario