27 dic. 2011

Novo equipo de Redacción Top10

O blogue Musicarreira está buscando voluntarios para o equipo de redacción do apartado "Top10".

Este novo espazo ten como meta dar a coñecer a todos os lectores do blogue as novedades musicais de interese da música actual. Amosando as novas tendencias e as cancións musicais do momento.

Se queres participar no casting para este equipo de redacción (que será formado por entre 3 e 5 membros) e estudas no CEP de Carreira, só tedes que enviar un correo electrónico a "cepcarreira@gmail.com" poñendo no asunto "Top10" e indicando, no corpo da mensaxe: o teu nome, curso e unha listaxe de 5 cancións que desexarías introducir.

Os membros do equipo, se as peticións son as suficientes, serán nomeados á volta das vacacións de Nadal. Aqueles que formen parte do equipo de desenvolvan as funcións recibirán ata 1 punto na nota final de Música.


1 comentario:

  1. como mola o pingÜino profe jajajajajajajajaja...

    ResponderEliminar